Definición da UTAC

Logo UTAC

No marco do proxecto Coopera+, e como xustificación das necesidades de asesoramento cooperativo, de innovación na xestión de comercialización de produtos e deprofesionalización
do sector cooperativo, co obxectivo de crear máis e mellores empregos, créase a “Unidade Transfronteiriza de Asesoramento Cooperativo” (UTAC). A UTAC constitúese como unha unidade de asesoramento permanente que favorecerá a sostibilidade no tempo dunha dinámica de traballo transfronteiriza con importantes implicacións no seu ámbito de actuación.
A UTAC desenvolverá as súas actividades na Eurorrexión Galicia Norte de Portugal, que constitúe o territorio aos efectos do proxecto Coopera+.


A UTAC contará con técnicos cualifi cados e especializados encooperativismo e economía social en base a súa titulación e experiencia neste ámbito, e con capacidade para asesorar no territorio aos axentes ou técnicos intermedios para que, á súa vez, estes asesoren e acompañen aos cooperativistas. Os técnicos da Utac serán todos aqueles que por titulación e experiencia pasen a formar parte da rede de asesores vinculados a promoción do cooperativismo dentro das entidades que participan do proxecto Coopera+

Estatutos da UTAC

Folleto de Servizos da UTAC