Cooperativismo en Europa

A situación do cooperatiismo en Europa é notablemente heteroxénea, a pesares da existencia, dende 2003 dun marco legal unificador, a partir da entrada en vigor do Regulamento do Consello 1435/2003 de 22 de Xullo de 2003 que regula a creación da figura da Sociedade Cooperativa Europea. 

Como decimos, sen embargo, a situación en cada un dos países difire notablemente, como se pón de manifesto no recollido no informe e conclusións do estudo do Grupo de Expertos ao que a Comisión Europea encargóu a revisión da aplicación da Directiva 2003/72/EC sobre implicación dos traballadores nas cooperativas. 

En xeral, o peso relativo das entidades cooperativas foi aumentando nos últimos anos, extendéndose a novos sectores. Asimesmo, as máis recentes modificacións normativas foron encamiñadas a mellorar e simplificar o goberno corporativo, dotándoo da necesaria axilidade.