Cooperativismo en España

O marco de desenvolvimento das cooperativas e sociedades laborais en España ven marcado pola descentralización que supón a transferencia das competencias lexislativas e de supervisión e control ás Comunidades Autónomas. A pesar da coordinación xeral que se exerce dende o Goberno Central, existen peculiaridades importantes.

En Galicia, o órgano competente en materia de rexistro, control e impulso da economía social e das entidades empresariais que respondan aos modelos de cooperativa ou sociedade laboral, é a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. A legislación aplicable é a Lei 5/1998, de 18 de decembro, de Cooperativas de Galicia. 

Para unha máis detallada información sobre o Cooperativismo en Galicia, pode consultar o Informe preparado ao efecto pola Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia:

Versión en español:    El Cooperativismo en Galicia

Versión en inglés:  Cooperativism in Galicia

En Galicia en 2010 estaban rexistradas 1.160 cooperativas cunha distribución que pode verse no gráfico que aparece a continuación.

En canto ás Sociedades Laborais, en Galicia, en 2009 había 2.626, distribuídas por sectores como segue: