Cooperativismo e Economía Social

Defiinición de Cooperativa

Segundo a definición da Alianza Cooperativa Internacional, unha cooperativa é unha asociación autónoma de persoas que se uniron voluntariamente para facer fronte ás suas necesidades e aspiracións económicas, sociais e culturais comúns por medio dunha empresa de propiedade conxunta e democráticamente controlada.

Principios e Valores

Os principios e valores son os elementos distintivos das organizacións e empresas cooperativas. Xa en 1844, os Pioneiros de Rochdale, fundadores da primeira cooperativa da história, formularan un sistema de principios simple, claro e contundente, que lles aseguróu a conducción da organización en beneficio dos seus membros.

A nova Declaración de Identidade Cooperativa adoptada pola II Asamblea Xeral da ACI -que se realizóu no mes de setembro de 1995 na cidade de Manchester, con ocasión da celebración do Centenario da Alianza- inclúe unha nova definición de cooperativa e unha revisión da formulación dos Principios e Valores Cooperativos. A nova formulación mantén a esencia dun sistema de principios e valores que demostróu ser eficiente por máis de 150 anos de história e contribuíu a transformar o cooperativismo nunha das maiores forzas sociais e económicas a nivel mundial, ao tempo que incorpora novos elementos para unha mellor interpretación do momento histórico actual.

As cooperativas básanse nos valores de axuda mutua, responsabilidade, democracia, igualdade, equidade y solidariedade. Seguindo a tradición dos seus fundadores os seus membros creen nos valores éticos de honestidade, transparencia, responsabilidade social e preocupación polos demáis.